ABI CASTILLO

Hoxe recibimos a visita da ilustradora viguesa Abi Castillo. Quedamos abraiados co seu traballo e con todo o cariño que nos mostrou. Percorreu os corredores do cole e quedou impresionada coas recreacións das súas obras feitas por todo o alumnado do centro.

Visitou catro aulas comezando por unha de 4 anos, seguiu cunha de 5º, continuando por unha de 2º e rematando cun 3º de Educación Primaria. No seu percorrido foise artellando un fermoso cadro. Ela foinos indicando e explicando como o tiñamos que ir elaborando. O resultado final foi espectacular, un fermoso lienzo que quedará sempre nas nosas memorias e nos nosos corazóns.

Agradecemos enormemente a súa presenza no cole, foi unha mañá diferente.