FESTILETRAS 2023

 Este curso tamén celebramos o noso famoso FESTILETRAS. Tivemos cantigas, obras de teatro, instrumentos musicais, regueifas,...



REVISTA BREOGÁN 2023

 Aquí vos deixamos a revista Breogán deste curso. Non esquezades ver as dúas partes:




LETRAS GALEGAS 2023

Este ano o día das Letras Galegas foi adicado a Francisco Fernández del Riego.
No cole decidimos recrear portadas da Editorial Galaxia, da cal foi director. Aquí as tedes:

Día de Rosalía

Co motivo do día de Rosalía de Castro
Os alumnos/as do cole escribiron nun papel adhesivo morado frases célebres desta autora e as encheron con cachiños de papel adhesivo de cores. Unha vez rematados, colocáronse nos peldaños das escaleiras de subida ás aulas de Infantil e Primaria.

ENTROIDO 2023

 O pasado venres 17 de febreiro celebramos o desfile de ENTROIDO, recuperando a vella tradición de desfilar por fora do cole. Disfrutade do vídeo!!!!

día da paz

Este ano, polo día da Paz, todo o cole cantaremos e bailaremos a canción "MOVETE" de Paco Nogueiras. Aquí vos deixamos o enlace para practicar en casa o baile aprendido coa profe Bea en música!

un nadal reciclado

 

Este Nadal o noso cole tivo unha decoración moi eco-friendly grazas á colaboración das familias e ao traballo de Carmen. Grazas a todos por seguir axudando ao noso proxecto e a coidar do planeta! Cada xesto conta :)

 








 


 


 

 


BO NADAL!!

 

O equipo do Ceip Balaídos deséxavos un moi feliz nadal e un gran ano 2023!!

25N

 Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, levamos a cabo na escola accións de sensibilización e prevención de todas as formas de vioLeoncia contra as mulleres e a importancia de alcanzar a igualdade total.

Esta ano inspirámonos na canción "Que non mo neguen" das Tanxugueiras para elaborar os carteis e deixar os nosos lemas e imaxes de repulsa nas ventás.

Ademáis contamos coa colaboración do alumnado de 6º, 5º e 4º de primaria que leron aos seus compañeiros e compañeiras do cole contos pola igualdade e contra a violencia de xénero.

 Para solidarizarnos con esta loita os nenos e nenas de 2º a 6º de educación Primaria crearon os seus logotipos nas fiestras das aulas.


O alumnano de Infantil e de 1º de Primaria tamén participou creando os seus propios deseños en papel rexistro de cor morado. 

Este é o resultado destas iniciativas!







liberando libros polo medio ambiente

Xa podedes atopar na entrada do colexio o noso punto Bookcrossing, onde intercambiaremos libros. Podedes coller os que queirades e deixar os que xa non utilicedes. Animádevos a participar! 

 





MAGOSTO 2023

 Hai uns días celebramos o cole o noso MAGOSTO, un fantástico día de xogos e diversión.




Letras galegas 2022


 Todas as clases do centro tiran corazóns ao aire coa frase de Florencio Delgado Gurriarán.

REVISTA BREOGÁN 2022

 Aquí vos deixamos a Revista Breogán 2022. Podedes acceder pinchando na súa portada:



DÍA DE ROSALÍA

 Polo día de Rosalía fixemos un cartel con frores de pensamento. 



Os nenos e nenas de Infantil e Primaria traballaron moito e quedou así de bonito.


Como agasallo por este día, os nenos e nenas de todo o colexio levarán para  a casa unha flor de pensamento. Marchan todos contentos/as.